Ir al contenido principal

"Eugenia Sanmartín" Música y actriz.



Nacín e crieime nunha familia de Ferrol con tradición de cantar. O meu abó materno, Fernando Alonso, era cantarín, xuntabase cos seus amigos en "El Sur" un bar da rúa Magdalena, tomando chatos de ribeiro e cantando a coro. En casa todos cantabamos nas reunións e todavía se fai. Ese espíritu de cantarines de sobremesa non me abandonou nunca e o agradezo infinito.
Estudando en Madrid Arte Dramático un amigo regaloume unha cassette coa BSO de Orfeo Negro, a peli brasileira e aqueles 120 mins da cinta aprendinos de memoria. O certo é que a poesía das suas letras foi determinante e segue a selo á hora de elexir o meu repertorio.
Curioso que ó pouco outro amigo regaloume outra cassette, esta dun homenaxe a Noel Rosa, que tamén namoroume, e así,  a música brasileira fraternizou coa minha alma e eu a atesouro.

Debutei en 1999 como cantante en La Boca del Lobo en Madrid invitada polo trío Livre Percussão, (Fernandinho Marconi, Mario "repenique" e Sergio "cavaquinho"; os tres foron mestres meus de percusión e da música brasileira en particular)
Participei de diversas formacións musicais e rematei os meus estudios de actriz: Divadumdá trío, Unidos Zum-Zuêh (grupo de tambores e cantos afro-brasileiros), Barataria cuarteto, Manos de Terra... 
Tamén participei na Orquesta Guayabera durante uns años, orquestra de ritmos latinos: son, chachacha, bolero, rumba, guaguancó... superdivertido!
Tiven un dúo con Bernardo Serval, cun repertorio de temas más amplios de la guitarra y la voz, jazz, boleros, bossa, soul, etc. ele foi para min, xunto con Adan Carreras, un grande mestre de guitarra pra min.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentarme... presentarme a min mesma

Presentarme...  presentarme a min mesma, (mimá)  honestamente; coa esperanza de que moita xente vexa o meu blog e fique un rato nel curioseando as cousas que eu verto ao mundo... DIFICIL... mais o intento: son eu, eugenia, muller nos 40, cantante de corazón, aprendiza eterna de guitarrista, actriz que goza encarnando outros seres, poeta escondida e esquiva de min mesma, con certo pánico a amosarme, son eu mais é hora de atreverse, asomarse e evoluir, espero que vos guste, e que o que sae de min, ou a traves de min, faga un bon efecto nos vosos corazóns, e sen dúbida quero moito mais, pero isto é suficiente, e o demáis, que moitas veces nin eu sei, xa virá. -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- presentarme... presentarme a mi misma, honestamente; con la esperanza de que mucha gente vea mi blog e se quede un rato en él curioseando las cosas que vierto al mundo... DIFICIL... pero lo intento

Hemeroteca Fotográfica

Actriz, cantante, artes escenicas.